|
||
|
|
IRTIO O grupo de música folc IRTIO fórmase en setembro de 1998. Está composto por músicos galegos que proveñen de distintas formacións académicas. Eles son: Juan Eiras (acordeón,piano e zanfona), Francisco Eiras (guitarra e baixo sintetizado), Juan Outes (voz e percusións), Begoña Riobó (violín), Enrique Oitabén (frautas de pico e gaitas), Ismael Porto (saxofón soprano) e Beny Mayo (batería).
|
|
|
|
||
|
Aos poucos meses de andadura acadan o Primeiro premio no concurso de Música Folc “Xacobeo ‘99”. No ano 2000 consiguen o Primeiro premio no “I Día da Música Xove” organizado pola Xunta de Galicia, de tal xeito que participan na gravación de dous discos conmemorativos. Despois de varios anos ofrecendo concertos por toda Galicia, IRTIO decide autoeditar o que á postre sería o seu primeiro traballo discográfico –“Mar de Pedra”- , encargándose da producción executiva e artística ao mesmo tempo. Cabe salientar a participación totalmente desinteresada de artistas consagrados como Uxía Senlle, Anxo Pintos e Isaac Palacín, entre outros, neste proxecto. Unha vez rematado, Discmedi se interesa afrontando o coste da edición e distribución a nivel nacional e internacional.
|
||
|
|
Contacto: irtio@irtio.com